Xiana Lago xa ten a mínima para o Campionato de España en pista cuberta

Xiana Lago, do Olimpia, en Riazor

Este pasado sábado 8 de febreiro varis atletas da A.D. Olimpia de Cee participaron nos Campionatos Galegos en pista cuberta que tiveron lugar no Pazo dos Deportes de Riazor. Outra gran experiencia vital que trascende do deporte, participar nunha destas concentracións, pero os ceenses demostraron a súa capacidade de competición.

A ceense Xiana Lago, que se atopa no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e que a nivel nacional compite co Club Ría Ferrol, acadou o 3º posto na categoría sub-18 de lanzamento de peso 3kg. Xa ten a mínima participar no Campionato de España en pista cuberta que este ano celebrarase na cidade de Valencia os 7 e 8 de marzo.

Ademais, Julio García fixo un tempo de 12.06 nos 3000 metros lisos, e Lucía Suárez correu en 8.87 os 50 metros vallas.