Zas viviu unha fermosa festa do xadrez

Este pasado sábado, celebrouse no Centro Social de Zas o II Torneo Escolar de Xadrez de Zas. Por iniciativa do Clube de Xadrez Irindo – Frutas Fondo e coa colaboración do Concello de Zas celebrouse a segunda edición deste camipionato que persigue a súa consolidación como punto de encontro das escolas de xadrez da Costa da Morte.

Na edición deste ano, participaron as novas promesas do xadrez dos concellos de A Baña, Ames, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica, Padrón, Ponteceso e, por suposto, os locais do Concello de Zas.

Os resultados por categoría foron os seguintes:

  • Categoría Sub-8
    ◦ 1º : Marcos Alvite (Arteixo)
    ◦ 2º: Alex Lema (Ponteceso)
    ◦ 3ª: Marta Calvo (A Baña – Ames)
    ◦ Mellor local: Antonio Candal (Zas)

  • Categoría Sub-10
    ◦ 1º: Siro Blanco (Malpica)
    ◦ 2º: Hugo Álvarez (Zas)
    ◦ 3º: Mario García (Carballo)
    ◦ Mellor local: Adrián González (Zas)

  • Categoría Sub-12
    ◦ 1º: Alejo Carzón (Malpica)
    ◦ 2º: Alberte Canosa (Carballo)
    ◦ 3º: Mateo Chayán (Padrón)
    ◦ Mellor local: Samuel Maneiro (Zas)

  • Categoría Sub-14
    ◦ 1º: Saúl Abelenda (Carballo)
    ◦ 2º: Samuel Turnes (Arteixo)
    ◦ 3º: Theo Blanco (Malpica) ◦ Mellor local: Bruno Gómez (Zas)

  • Categoría Absoluta
    ◦ 1º: Paco Abella (Malpica)
    ◦ 2º: Sergio Calvo (A Baña - Ames)
    ◦ 3º: Alfonso Márquez (Cabana de Bergantiños)
    ◦ Mellor local: Óscar Fondo (Zas)

     

Mención especial merece o xadrecista de A Baña Sergio Calvo, que actualmente milita no equipo de xadrez de Ames, que con tan só 12 anos conseguiu chegar ata o 2º posto da categoría absoluta.