103 marcapáxinas por Pondal

100 Marcapaxinas por Pondal da man da Asociación de Empresarios de Ponteceso

Inmersos xa na campaña do Festisabores, Festidescontos e Festitaxis, para acompañar ao poderoso Festiletras, a Asociación de Empresarios de Ponteceso quere ampliar a súa proposta.

Celebrando durante unha semana (do 14 ao 21 de maio) o Días das Letras Galegas, a Asociación vén de editar unha colección dun centenar de marcapáxinas cos poemas de Queixumes dos Pinos para conmemorar o centenario do pasamento do Bardo.

Os marcapáxinas pódense conseguir coas compras, servizos e consumicións nun total de 103 establecementos de Ponteceso ao longo da presente semana.
Cada un destes establecementos ten asociado un número e un poema, recollidos tanto nun dos 103 modelos diferentes dos marcapáxinas como no cartaz identificativo que exhibe no seu escaparate (o cartaz de cada negocio é distinto aos demáis), deste xeito ademáis de atopar descontos e pinchos nos locais participantes, pódese percorrer Ponteceso lendo a obra do Bardo.

I Ruta do Pincho Pondaliano

A edición desta colección forma parte dunha serie de accións nas que tamén se incluien: descontos e pinchos nos locais participantes, a I Ruta do Pincho Pondaliano que terá lugar o día 17 de 13h a 17h e que contará con música na rúa e percorrido polos locais participantes dos Farrapos de Fol, e a recreación das profesións actuaís no século XIX, que terá lugar o martes 16, día no que os empresarios vestirán as roupas típicas de cada unha das súas profesións no devandito século, é dicir, nos tempos de Pondal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).