Carlos Callón ofreceu un mitin o pasado martes na casa da Cultura de Vimianzo
Despois da visita a Vimianzo que fixo o martes o candidato de Nós Candidatura Galega pola Coruña, Carlos Callón, continúan os actos actos da campaña electoral do 20 de decembro na Costa da Morte. Callón iniciou a súa intervención en Vimianzo enumerando as medidas que defenderá no Congreso para poñer freo a sangría da emigración que, e comarcas como a Costa da Morte, “obriga a miles de mozos e mozas a coller as maletas igual que o fixeron os seus avós”.
PSdeG
O candidato ao Congreso pola provincia da Coruña, Ricardo García Mira, dará un mitin no museo de Arte Contemporáneo en Corme. No acto tamén intervirán o presidente da deputación da Coruña, Valentín González Formoso e o alcalde da localidade, Xosé Lois García Carballido.
PPdeG
Marga Varela, candidata do PP pola Coruña ao Congreso e ó Senado, percorrerá á partir das 11 horas o mercadillo de Carballo. Xa pola noite, ás 20:30 horas, os populares ofrecerán un mitin no Pazo da Cultura no que intervirán Alberto Núñez Feijoo, Diego Calvo e Margarita Varela.
Nós Candidatura Galega
O vindeiro luns, 14 de decembro, Carlos Callón volve á comarca. Nesta ocasión visita Carballo onde ofrecerá un mitin ás 21 horas no Pazo da Cultura. Estará acompañado de Xavier Vence, Evencio Ferrero e Lucía Veciño.
Fonte