800.000€ para renovar e integrar o vial de acceso ao porto de Corme

Vial de acceso ao porto de Corme-Foto-Camiño dos Faros

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, para abordar o proxecto que impulsarán en común para a remodelación do vial de acceso ao porto de Corme.

A actuación basearase nun proxecto aportado polo Concello de Ponteceso que avanza na integración entre o porto e a vila. Incluirá a remodelación da zona así como mellora dos servizos básicos e incidirá na seguridade viaria.

O orzamento previsto é de 800.000 euros, dos que 600.000 corresponderán a Portos de Galicia, mentres que o Concello de Ponteceso achegará os 200.000 euros restantes.