A artesanía volve invadir Corme

Rakelua un dos postos de artesania de Corme

Será este día 14, un sábado espectacular en Corme. O Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte MACCMO acolle unha exposición artellada pola A.C: Insua de Viastela no marco do programa cultural do Bicentenario do Almirante Mourelle da Rúa. Trátase dunha exposición fotográfica que repasa a histora dos estaleiros da ría do Anllóns.

Mentres, a vila énchese de artesanía, cunha nova edición do Mercado Marusía de Artesanía. Ás 11:00h abren os postos no Xardín Vello, e haberá numerosas actividades, como sesións de ioga á beira do mar, monólogos, circo, ou foliadas.
Unha cita perfectamente compatible coa Mostra de Olería de Buño, que tamén se celebra esta fin de semana.