O Concello de Ponteceso abríu o prazo de inscrición na xornada de onte martes, para a actividade Xuventude Aventureira, que organiza a Concellería de Xuventude e Turismo. Trátase dunha serie de viaxes turísticas combinadas con actividades deportivas, culturais e de carácter medioambiental. A actividade está dirixida aos rapaces e ás rapazas nados entre os anos 1994 e 1996.
As datas de celebración das actividades serán o luns 22 e o martes 23 de agosto de 2011. A Costa da Vela, o Cabo Home, ou as Illas Cíes formarán parte do percorrido. Nese contexto, desenvolveranse actividades de sendeirismo e baloncesto.
O Concello habilitará para estas actividades trinta prazas, que se repartirán por orde de inscrición. O prazo para inscribirse remata o vindeiro martes, 16 de agosto, e para facelo, hai que dirixirse ao Concello ou á Oficina Municipal de Corme, en horario de 09:30h a 13:30h. A cota é de 40 euros, un prezo que inclúe xantar, aloxamento, cea, almorzo, e a viaxe en barco ata as Cíes.
Para máis información poden chamar ao teléfono do Concello, no 981 714 000, ou á Oficina Municipal de Corme no 981 738 428.
Novas relacionadas