A Rúa Eduardo Pondal de Ponteceso cambia de fisonomía
O Diario Oficial de Galicia publicaba onte a licitación da reforma da Avenida Eduardo Pondal, a vía de entrada en Ponteceso. Esta obra, froito dun convenio entre o Concello de Ponteceso e a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e infraestructuras está valorada en 569.011, 84€. A obra executarase no treito comprendido entre os puntos quilométricos 10+830 e11+230 da estrada AC-422 (Buño-Ponteceso).
A Dirección Xeral de Infraestruturas estima un prazo de execución de 12 meses para levar a cabo os citados traballos de mellora.
Consistirá na resposicíon da rede de saneamento desta rúa, así como tamén no cambio de toda a rede de recollida de pluviais. A reposición das redes de saneamento de fecais e pluviais será total, demolerase toda a rede e restablecerase integramente cun sistema máis flexible que o actual formigón. Estes traballos pretenden evitar a contaminación que se está a producir debido ás fisuras das redes existentes.
Así mesmo esta rúa, principal en Ponteceso polo seu peso comercial, cambiará de fisionomía ao incorporarse novas beirarrúas ao longo de toda a avenida. Para eso terán que ser demolidas as actuais
Segundo o concello, "trátase dunha obra importatísima para a capital do Concello, fundamentalmente, pola necesidade da reformas nas redes anteriormente citadas, pero tamén polo cambio de aspecto anteriormente que lle dará a vila pontecesán".
Novas relacionadas
- Elas fan Camiño dende Ponteceso.
- O Centro da ESO de Ponteceso será un novo espazo cultural.
- A rede wifi de Ponteceso conta xa con 200 usuarios.
Fonte
- Notas de prensa do Concello de Ponteceso e da Xunta.