Venres. 17.05.2024
El tiempo

A rede wifi de Ponteceso conta xa con 200 usuarios

A rede wifi de Ponteceso conta xa con 200 usuarios
Así responde o PP de Ponteceso ás acusacións dende o PSOE de que medio concello non ten cobertura. E califica as informacións da oposición como "barbaridades e mentiras, froito do descoñecemento". O alcalde José Luis Fondo Aguiar, asegura que "o polígono industrial de Ponteceso si dispón de rede wifi posto que acolle un dos emprazamentos da rede municipal multiservizos". De seguido o alcalde destaca a incidencia que está tendo a rede wifi posto que en tres semanas conta xa con 200 usuarios e cada día seguen dándose de alta numerosos veciños e veciñas. Fondo Aguiar lembra que Pazos, Xornes e Tallo teñen xa a súa antena wifi, que será surtida de caudal de internet en vindeiras datas, mentres que en Tella hai 4 antenas wifi instaladas. E continúa explicando que "por razón técnicas e para dar cobertura a un maior número de habitantes, instalouse un anel con tres estacións (Valarés, Tella e Corme) wimax que permiten levar a sinal wifi dende o Concello ás antentas wifi (que pola frecuencia coa que traballan deben ter visión directa con calqueira das estacións citadas anteriormente)". E finaliza: "En resumo, estamos ante a primeira fase da Rede, que non é algo pechado, se non que seguirá crecendo e mellorando, xa que o goberno do PP de Ponteceso aposta por seguir ampliando a cobertura, e invitamos aos responsables do PSOE de Ponteceso a disfrutar da rede dándose de alta como usuarios".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Ponteceso.

Comentarios