Aaron Siebert presenta a súa curta en Corme

Dicía David Lynch que o máis fermoso que lle pode pasar a un é cando atrapas una idea que amas, que as ideas están aí e só hai que atrapalas. Aaron Siebert tamén quedou atrapado na idea de contar una historia baseada na súa avoa e na que participan as actrices e os actores Miro Magariños, Isabel Naveira, Sara Fandiño y Arancha Villar.

Elas – Galicia, Mulleres e Brétema é unha curta sobre a forza que a dureza da vida galega forxa nas mulleres e que liga o proceso ao misterio da súa mitoloxía.

O director, Aaron Siebert é un compositor que tamén escribe, dirixe e produce cine. Realizou un máster de música para o cine en Estados Unidos e que estreou coa Real Filharmonía a obra sinfónica Memorias dun neno labrego, inspirada na obra de Neira Vilas. Por suposto, tamén compuxo a banda sonora do seu corto.

O programa de actividades de Ponteceso Cultura Permanente inclúe e presentación da curta Elas – Galicia, Mulleres e Brétema, de Aaron Siebert, o 29 de agosto de 2025, en pases ás 21:00 h e ás 22:00 h, na Solaina – A Ribeira, Corme Porto (se chove, no MACCMO)