Abellariza colle os paus de Marcha Nórdica

Ponse en marcha de novo, despois de moitos meses de constrición, a Asociación Deportiva Abellariza. E faino con dúas accións vinculadas coa Marcha Nórdica por Ponteceso.

A primeira será este domingo 30 de maio, cunha sesión de iniciación da man gran profesional como é Ricardo Angueira Vázquez, de Marcha Nórdica Galicia, que impartirá un taller de iniciación e unha ruta de 2 horas con supervisión técnica.

Ruta en xuño

Así mesmo, o domingo 13 de xuño xa hai unha andaina de nivel medio convocada. Será una ruta circular con saída desde Ponteceso dirección O Couto, pasando pola Brixería para visitar a fervenza e os muiños, pasar Cerezo e coller camiño dirección Valarés, pasando por varios puntos con paisaxes espectaculares: vistas do Faro de Punta Nariga, Aldea de Corme, Corme, Laxe, Cabana, do Monte da Facha e baixar a Valares e despois volta a Ponteceso.

Inscrición

Podes facer a túa inscrición e/ou consultar as túas dúbidas por medio do correo abellarizaponteceso@gmail.com ou enviando unha mensaxe privada polo facebook. A inscripción custa 10€ (seguro incluido), e quedan poucas plazas xa que son limitadas.