Abellariza organiza unha xornada de limpeza na praia de Balarés

Despois da conmemoración do día mundial do medio ambiente, que tivo lugar onte 5 de xuño,  a agrupación deportiva Abelliza en colaboración co concello de Ponteceso quere reivindicar o seu compromiso co contorno organizando unha limpeza de refugallos no areal de Balarés. A cita, aberta a todos aqueles que quieran participar, será este domingo a partir das 11:00 horas. Dende a entidade din que "estaríamos encantados de contar con maiores, medianos, e sobre todo nenos pequenos, para inculcarlle os valores e que entendan o importante que é manter uns hábitos de reciclaxe para que o día de mañá poidan disfrutar dun mundo menos contaminado", sinalan dende Abelleriza.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • AD Abellariza