Acusan ao alcalde de Ponteceso de poñer en perigo un investimento de 2,5 millóns para cambiar as luminarias

Os membros da oposición cando presentaron a fallida moción de censura

Son moitos os Concellos da comarca que xa puideron cambiar todo o alumeado público gracias á subvención do Ministerio de Transición Ecolóxica a través do IDAE. Unha transformación que permite rebaixar a contaminación luminosa, e provocar un importante aforro na factura enerxética municipal, que apenas supón unha pquena parte de fondos municipais.

No caso de Ponteceso, esa subvención ascende a 2,5 millóns de euros, segundo o proxecto presentado xa en 2019. Pero o proxecto non avanza, e por iso pregunta a oposición. “Que pasa co investimento do IDAE?”, pregúntase os edís non adscritos. “O problema será que o Alcalde non está na mesa de contratación, e enton non interesa porque non se pode manexar o proxecto dende Alcaldía?”, pregúntanse.