Ardeu o camión do circo en Corme

A imaxe do día de onte puido ser a do camión do circo ardendo en Corme. O camión comezaba a arder na explanada do peirao ante a mirada de ducias de veciños.

O lume puido ter maiores consecuencias de non ser pola valentía dun dos feirantes, que se atreveu a mobilizalo, en chamas, ata un lugar más seguro onde non puidera causar desperfectos. Foi aí cando chegaron os bombeiros e puideron apagalo.

Así e todo, de algo servíu o número, e ao final, moitos veciños coñeceron que tiña lugar o circo na tarde de onte, e acodiron como un signo de apoio ás xentes do circo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.gal).
  • Fotos - Rafael Chans e Felipe Sar.