O río Anllóns, ao seu paso por Ponteceso, será o guía natural da última das Andainas Costa da Morte, pechando así a cuarta edición do programa que terá lugar o vindeiro sábado, 18 de xuño. Ao longo deste roteiro, de 14,5 quilómetros de distancia, os participantes percorrerán camiños, seguirán o curso do río e incluso se adentrarán nos montes pontecesáns.
A saída está prevista para as 10 h0ras do campo dos Seixos, en Tella. Dende alí, os camiñantes visitarán Tallo, Bouzacoba, Vilasuso, Ferreiros, ponte de Cardezo e dende alí regrasarán de novo a Ponteceso sobre as dúas da tarde.
Plan alternativo
Ante as previsións climatalóxicas desta semana, nas que se espera que choiva intensamente, a organización ten programado un plan alternativo por se o camiño do río queda intransitable a causa da auga. En caso de ser así, a saída será da praza do Recheo de Ponteceso ás 10 horas e, dende alí, os camiñantes realizarán o roteiro PR-G 148 e o PR-G 1480+ que discorren polo esteiro do río Anllóns, alto das Travesas, miradoiro do Monte Branco, Froxán e remata na praia de Balarés.
Os interesados en participar deben inscribirse antes do xoves, 16 de xuño, ás 13 horas enviando un correo electrónico cos seus datos (nome, apelidos, data de nacemento, DNI, número de teléfono, poboación e mail) a deportes@vimianzo.gal