As Andainas Costa da Morte percorren o río Anllóns
08:07 14/06/16
O río Anllóns, ao seu paso por Ponteceso, será o guía natural da última das Andainas Costa da Morte, pechando así a cuarta edición do programa que terá lugar o vindeiro sábado, 18 de xuño. Ao longo deste roteiro, de 14,5 quilómetros de distancia, os participantes percorrerán camiños, seguirán o curso do río e incluso se adentrarán nos montes pontecesáns.
A saída está prevista para as 10 h0ras do campo dos Seixos, en Tella. Dende alí, os camiñantes visitarán Tallo, Bouzacoba, Vilasuso, Ferreiros, ponte de Cardezo e dende alí regrasarán de novo a Ponteceso sobre as dúas da tarde.
Plan alternativo
Ante as previsións climatalóxicas desta semana, nas que se espera que choiva intensamente, a organización ten programado un plan alternativo por se o camiño do río queda intransitable a causa da auga. En caso de ser así, a saída será da praza do Recheo de Ponteceso ás 10 horas e, dende alí, os camiñantes realizarán o roteiro PR-G 148 e o PR-G 1480+ que discorren polo esteiro do río Anllóns, alto das Travesas, miradoiro do Monte Branco, Froxán e remata na praia de Balarés.
Os interesados en participar deben inscribirse antes do xoves, 16 de xuño, ás 13 horas enviando un correo electrónico cos seus datos (nome, apelidos, data de nacemento, DNI, número de teléfono, poboación e mail) a [email protected]
Novas relacionadas
- Doble cita das Andainas Costa da Morte en Corcubión e Dumbría
- En marcha a 4ª Edición do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte
- Os trasn@s preparan a segunda etapa do Camiño dos Faros cun límite de 500 participantes.
- 2015: Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- 2014: Corcubión mantén o ritmo de interese con 200 camiñantes nas Andainas Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Ponteceso.