As Píllaras das Dunas volven armar unha xornada de erradicación da unlla de gato de Valarés

7 toneladas conseguían retirar o ano pasado das dunas da praia de Valarés. Pero a unlla de gato ("Carpobrotus edulis") é unha especie invasora tremendamente agresiva que non para de medrar. Por iso, as Píllaras das Dunas, o colectivo de voluntariado medioambiental da Asoc. Monte Branco, quere volver á carga, e convoca para os 18 e 25 de setembro, dúas novas xornadas de eliminación e control desta especie na praia pontecesá.

Coma o ano pasado, tamén realizarán diversos roteiros ca fin de que os voluntarios coñezan máis o entorno.

O Prazo de inscrición está aberto, e poden inscribirse nos 659 596 145 / 662 275 929 ou en aspillarasdasdunas@hotmail.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).