As veciñas de Langueirón afían a memoria
06 de maio de 2013 (08:35 h.)
Aí vemos ás bravas maiores da Escola Municipal da terceira idade do Concello de Ponteceso. Onte comezaba un novo taller de memoria na parroquia de Langueirón. Son catorce as alumnas que participan no mesmo, e que traballarán puntos de interese para o desenvolvemento cognitivo e técnicas de mellora e estimulación da memoria.
A escola continúa espallándose polas parroquias despois de haber estado en Brantuas, Xornes, Corme e Ponteceso. O curso está impartido pola mestra, voluntaria do Concello de Ponteceso, Tamara Anido, veciña de Langueirón.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).