Balarés foi a praia escollida pola Xunta para facer entrega das 108 Bandeiras Azuis galegas
04 de xuño de 2025 (15:17 h.)
Enorme dispositivo institucional o que acolleu esta mañá a praia de Balarés, para acolle a entrega das Bandeiras Azuis aos 35 concellos galegos que acadaron estes simbolos da calidade ambientis dos seus areais. Das 108 praias, temos 12 areais de de 8 concellos da Costa da Morte que lucirán este verán.
Os rexedores e rexedoras da Laracha, Camariñas, Carballo, Dumbría, Lax, Malpica, Muros e, por suposto, Ponteceso, recolleron as bandeiras. A de Balarés, unha das 3 pontecesás, xa quedou izada.
Con todo, tal e como incidiu o rexedor durante a súa intervención, “continuaremos traballando para que a este listado se incorpore, proximamente, a de Niñóns”.