Claudia Castro presenta o seu libro en Corme, a súa segunda casa

Este venres 17 de febreiro, ás 20:00h, o Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte (MACCMO) volve abrir as súas portas para acoller a presenación do ilustrado “Amiga lúa, amigo mar” de Claudia Castro. Editado por Galaxia, trátase dun libro ilustrado por Luz Beloso con “poemas tecidos a partir doutros versos, que nos fan vogar por augas salgadas ao abeiro do luar”.

Castro é natural barrio compostelán do Castiñeiriño, vive en Teo, pero boa parte do seu tempo transcorre en Corme, territorio de fonda pegada nos seus poemas dos últimos anos. Así, o seu poema titulado "Corme" está musicado polo compositor Fernando Vázquez Arias.

Organiza Ponteceso Cultura Permanente e AC Insua de Viastela coa colaboración municipal.