O Colectivo Feminismo en Pé fai o chamamento para a concentración do 8 de marzo en Ponteceso
25 de febreiro de 2025 (09:47 h.)
O vindeiro 8 de marzo, as mulleres de Bergantiños volven á rúa co gallo do Día Internacional da Muller. A convocatoria, como cae en sábado, será ás 12:00h, coa intención do Colectivo Feminismo en pé de facer unha gran chamada á concienciación.