O Concello de Ponteceso avisa a preto de 5.000 veciñas recordando a necesidade de manter limpas as franxas forestais

O Concello de Ponteceso vén de poñer en marcha unha ampla campaña informativa para reforzar a prevención fronte aos incendios forestais mediante o envío de preto de 5.000 cartas aos titulares e posibles responsables de parcelas afectadas polas obrigas legais de limpeza, mantemento e xestión da biomasa vexetal.

A través desta actuación, o Concello lembra á veciñanza que o prazo xeral para executar estes traballos remata o vindeiro 31 de maio de 2026,  especialmente no caso das parcelas situadas dentro das faixas secundarias de xestión da biomasa, así como en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

Desde o goberno municipal subliñan que esta campaña ten un carácter fundamentalmente preventivo e informativo, co obxectivo de reforzar a seguridade
das persoas, das vivendas, das infraestruturas e dos núcleos de poboación do municipio.