A Confraría de Corme convértese en laboratorio de cine artesanal

A aula da Confraría de Corme está convertida esta semana nun laboratorio de produción cinematográfica. A Mostra de Cine Periférico S8 da Coruña organiza un taller de cine analóxico da man de Álvaro Fieldman, e escolleron a Costa da Morte, concretamente Corme, para esta proceso de inmersión.

Trátase dun taller dunha semana, e conta con xentes de toda España (cántabros, asturianos… e mesmo unha irlandesa), hospedados aquí en Corme, gozando da comarca e aprendendo o oficio da elaboración artesanal de películas en super 8 e 16 mm co cineasta, artista visual e fundador de ACME Obscura.

Fixeron tamén unha saída para gozar da comarca da man do mellor guía posible, Suso Lista. O curso está activo ata o sábado 3.