Corme acolle a presentación do libro Corpos no Mar con Héctor Pose e Xurxo Souto
30 de outubro de 2024 (07:45 h.)
Colaboran as entidades Mallas de Area de Malpica e Insua de Viastela de Corme para levar o novo libro de Héctor Pose ao Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte. O sábado 2 de novembro, ás 18:00h, o MACCMO acolle a cita co autor de “Corpos no mar”, con presenza ademais de Xurxo Souto.