Deixan un raposo colgado dunha árbore

Raposo colgado dunha árbore en Ponteceso
Deixan un raposo colgado dunha árbore

Menudas estampas temos que sufrir na Costa da Morte. Esta denúnciaa a Asociación Animalista Libera, despois de atopar un raposo colgado nunha árbore logo de ser “torturado e tiroteado”. Xa acontecía algo semellante preto de Santiago esta mesma semana, e a entidade acusa aos cazadores, que deixaron que os cans torturasen ao animal ademais de tirotealo.

O cadáver estaba situado nunha camiño do monte por Tallo, e un camiñante foi o que avisou á entidade.

Novas relacionadas