Denuncian que as traballadoras de Servizos Sociais de Ponteceso non cobran os desprazamentos

Despois da crítica pola perda de subvencións, o PP de Ponteceso - liderado por José Luis Fondo Aguilar - volve a atacar ao goberno municipal. Nesta ocasión, os populares denuncia que o concello de Ponteceso non está a pagar os desprazamentos que efectúan as traballadoras do servizo de atención a domicilio. Desta forma, dende o PP esixen que o concello pague as dietas das traballadoras - que van atender o servizo no seu propio coche - e aproveitan para criticar os viaxes que realizou o alcalde - Lois Carballido - no coche da Policía Local.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • PP Ponteceso