Deporte, xogos tradicionais e castañas para o Magosto de Abellariza

Este domingo 20 de novembro, a Asociación Abellariza organiza o seu IV Magosto Deportivo. A cita será no Pavillón Municipal de Ponteceso a partir das 16:00h, e ademais de disfrutar das castañas máis ricas da volta, das roscas tradicionais e dun quintiño chocolate, a cativada poderá practicar diferentes deportes e xogar a xogos tradicionais.