Detidos dous veciños de Ourense tras varias denuncias por estafa dende Ponteceso e Carballo

Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Coruña

Varias denuncias postas por veciños de Ponteceso e Carballo (ademais doutras de Arteixo, Miño, Milladoiro, Tordesillas ou Luanco) serviron para que o Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Coruña atopase o fío para deter dous veciños de Ourense como presuntos autores dun delito continuado de estafa, blanqueo de capitais e falsificación documental.

As denuncias ía arredor da venda de cachorros de diversas razas nunha coñecida páxina de compra e venda de obxectos de segunda man. Os presuntos estafadores, tras recibir o importe das vendas, nunha realizaban o envío dos cachorros, e cortaban as comunicacións dando de baixas as liñas telefónicas usadas.

Os axentes comprobaron que as contas creadas na plataforma online eran feitas “ad hoc”, pero puideron seguir o rastro dos sistemas de pago, a pesar de ter sido realizados con documentación de terceiras persoas, antigos amigos e coñecidos.

Tras rematar a investigación constataron que os detidos tiñan antecedentes por feitos semellantes, polo que a Garda Civil os define como “estafadores xenéricos”.