Dúas persoas teñen que ser excarceradas nun accidente en Nemeño

Foto @helicosantiago

Importante accidente acontecido esta mañá de venres en Nemeño, A Campara, parroquia de Cores. Un vehículo sufría unha saída de vía e envorcaba na estrada entre Ponteceso a Malpica, quedando os dous tripulantes, un matrimonio duns 70 anos, atrapados no seu interior.

Un particular chamou ao 112, dende onde daban a alerta aos Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, Servizos Sanitarios, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local, a primeira en chegar. Os Bombeiros tiveron que excarcerar dúas persoas que estaban atrapadas no seu interior.

No lugar esperaban o Helicóptero H3 con base en Santiago e a Ambulancia do 061, que trasladaron cada un a un dos feridos.

Atropelo dun xabarín

Tamén está mañá, ás 7:00h, rexistrábase un atropelo dun xabarín á altura dunha granxa na parroquia de Cores. Chamo o condutor do vehículo para alertar do suceso.