Eliminado un novo vertido de augas residuais no Anllóns

Seguen sendo as augas residuais uns dos inimigos máis importantes do río Anllóns. A falta de conexión coa rede de depuración vaise solucionando, como informa hoxe a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tras eliminar un vertido de augas residuais ao rego Bouzas, pertencente á bacía do río Anllóns, ao seu paso polo núcleo urbano de Ponteceso.

A contaminación era causada pola conexión errónea das augas residuais xeradas nunha vivenda unifamiliar, coa rede de augas pluviais que verte ao regato de Bouzas sen depuración previa.
O punto quedou emendado tras ser reconducido este aporte contaminante cara a unha fosa séptica.

Procedemento

As actuacións que levaron á eliminación do punto de vertido, iniciáronse tras detectar os técnicos dependentes do ente autonómico, o vertido contaminante nunha prospección da rede fluvial do Concello de Ponteceso. O persoal de Augas de Galicia procedeu á toma de mostra do vertido, detectando os aportes contaminantes, e realizou unha inspección con representantes do concello de Ponteceso, como titular da rede que ocasionaba o vertido, solicitando a estes un plan de actuacións de cara a emendar o punto.

Recentemente, os técnicos do Plan de Control de Vertidos realizaron unha nova inspección na zona, comprobando que o vertido foi emendado, tras acometer o concello actuacións ao respecto. A contaminación era causada pola conexión errónea das augas residuais xeradas nunha vivenda unifamiliar, coa rede de augas pluviais que verte ao regato de Bouzas sen depuración previa. O punto quedou emendado tras ser reconducido este aporte contaminante cara a unha fosa séptica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.