Enderezando un edificio
27 de setembro de 2013 (08:20 h.)
Van moitos anos dende que un edificio no centro de Ponteceso corre perigo de derrumbe. Dende o 2009 unhas estruturas enormes de metal aguantan todo o peso do edificio, que chegou a ter unha inclinación de 40cm. A mala edificación, na que non se estudiou a proximidade do manto hídrico do río Anllóns, provocou que o edificio tivese que ser desaloxado.
Durante o día de onte e de hoxe, técnicos dunha especie de UTE de empresas realizan traballos con gatos hidráulicos, tras meses de estudios, para enderezar o edificio. 15 alicerces aguantan o peso do edificio.
A partir de agora só quedará a reparación de grietas e outros danos que puidesen ter xurdido durante o izamento.