Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar

Por causas que se descoñecen, o coche saiuse da vía á altura de Agualada Triste xornada para a Costa da Morte e máis concretamente para as parroquias de San Cremenzo de Pazos, en Zas e de Corme, Ponteceso. Aquí ten as súas orixes Paula Sueiro Rodríguez, unha das recanteiras do programa Luar, que faleceu esta tarde tras empotrarse o coche no que viaxaba contra un poste da luz á altura de Agualada, en Coristanco.
Os equipos de emerxencias tiveron que excarcerar á ocupante do vehículo Tras sufrir o accidente de tráfico, por causas que se descoñecen, a rapaza de 20 anos de idade quedou atrapada no interior do vehículo, un Volkswagen Polo. Así o explicou o particular que alertou ao CAE 112 Galicia ao fío das 16:30 horas de hoxe. Paula Sueiro viaxaba en dirección A Coruña-Agualada, polo que o sinistro causou algunha retención na marxe esquerda da AC-552.
O accidente provocou retencións na marxe esquerda da AC-552 Membros  de Protección Civil de Coristanco, efectivos do GES de Ponteceso, Bombeiros de Carballo, axentes da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia medicalizada desprazáronse ata o lugar dos feitos que non puideron facer nada para salvarlle a súa vida.  
Paula Sueiro representa á Costa da Morte no concurso dos Recanteiros do Luar   Paula Sueiro representaba á comarca da Costa da Morte no concurso dos "Recanteiros" do programa Luar. Foron varios os lugares da zona os elixidos pola recanteira para grabar o vídeo de presentación. [fbvideo link="https://www.facebook.com/luartvg/videos/1164449053584348/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Axega