Un falecido ao caer á auga no seu vehículo na praia de Balarés

Dispositivo no peirao de Balarés

Aparecía esta mañá de xoves afundido un coche, un Ford Focus azul, na praia de Balarés, en Ponteceso. O 112 recibía a alarma ás 11:30h, e de contado se dixiriron ao lugar os sanitariosdo 061, is Bombeiros de Carballo, os membros do GES e de Protección Civil de Ponteceso, ademias de avisar á Garda Civil, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Os membros do GES confirmaban a presencia dunha persoa, un varón, falecido no seu interior.

Durante o mediodía, os buzos da Garda Civil están a realizar as tarefas de rescate do corpo.