Frenética actividade en Abellariza

27 persoas participaron o pasado domingo nunha ruta pola contorna de Valarés organizada por Abelleriza Non paran os membros da agrupoación deportiva Abellariza IES Ponteceso. O pasado sábado, a sección running da entidade participou na carreira 3K contra o cancro de Dumbría. Tamén fan un bo balance da andaina cirucular que tivo lugar este domingo na contorna de Valarés e na que participaron 27 persoas. E xa están preparados para participar na carreira 3K contra o cancro que terá lugar este sábado, día 3, en Zas.
Ademais, Abellariza colabora na 4ª carreira pedestre que organiza o concello de Ponteceso e que se celebra o vinderio 11 de xuño. Haberá dúas probas; unha de oito quilómetros na proba absoluta e outra de 2 quilómetros para afeccionados así como as categorías inferiores. A inscrición, que é gratuita, pode facerse ata o día 8 a través da web www.carreirasgalegas.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Abellariza