O goberno de Ponteceso aproba case 800.000 de pago extraxudicial nun pleno urxente sen oposición en Estado de Alarma


Lois Carballido alcalde de Ponteceso

Pleno con carácter de urxencia o convocado onte polo alcalde de Ponteceso, en medio de toda esta confusa situación que provoca o Estado de Alarma. Un pleno convocado para aprobar un pago extraxudicial de 774.000€, que foi aprobado polos membros do grupo de goberno, e sen a presencia da oposición. PP e APIN consideran que non tiña ningún carácter de urxencia e preferiro #quedarnacasa.

Un crédito que será empregado no pago de moitas facturas atrasadas (moitas por traballos entregados “a dedo”, como denuncia a oposición, que destaca os 13.500 pagados á empresa propiedade do irmán do teniente-alcalde), e para a contratación de dous técnicos durante e temporada estival. “Vai a "colocar" de xeito arbitrario, como xa fixo en outras ocasións, a persoas a fins en postos de traballo do Concello. En vez de levar a cabo a restructuración de postos de traballo (RPT) de unha vez por todas”, denuncia APIN.