Grandes Festas de Tella

A parroquia pontecesá de Tella celebra este xoves 26 e venres 27 de maio ás Festas na honra do patrono San Eleuterio. Haberá unha gran carpa instalada no recinto.

O xoves 26, ás 13.00h hai misa solemne na honra de San Eleuterio cantada pola Coral Polifónica San Eleuterio de Tella. Logo chega a sesión vermú e Gran Verbena coa orquestra ACORDES.

Para o venres 27 maio, toca a partir da 13.00h misa solemne na honra da Virxe das Dores. A Sesión Vermú será coa orquestra MARIMBA e Gran Verbena coas orquestras MARIMBA e CANADÁ.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).