Identificados en Ponteceso por extraer angula ilegal do Anllóns

Había tempo que non sabíamos nada das angulas do Anllóns. Se cadra é porque estaban a ser esquilmadas. Esta pasada noite, membros do Seprona de Arteixo e de Corcubión, procederon á aprehensión de 150 exemplares de angula que se estaban extraendo de xeito ilegal do río Anllóns, na localidade de Ponteceso. Tras efectuar unha investigación previa, os Axentes procederon a identificar a catro individuos, devolvendo ao auga os especimenes en presenza dos mesmos.

Fonte

  • Garda Civil.