O IES Eduardo Pondal mergúllase na maxia Erasmus
O IES Eduardo Pondal de Ponteceso celebra esta semana os Erasmus Days. Durante toda semana haberá actividades sobre a participación do alumnado neste programa en cursos anteriores, a estrea do Erasmus Escolar e as posibilidades abertas neste curso.
A participación neste programa ofrece unha experiencia moi rica de inmersión e coñecemento doutras realidades europeas, na que alumnado e profesorado melloran as súas habilidades profesionais e personais. Ano a ano as posibilidades e participación vanse ampliando e con grande éxito tanto a nivel formativo como a nivel de experiencia personal.
O pasado curso a participación neste programa bateu todos os records:
- 15 alumnos de FPDUAL de automoción visitaron Alemania, con visitas formativas a centros educativas e empresas punteiras do sector.
- 2 alumnos do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia quenes realizaron as súas prácticas na provincia italiana de Bari.
- Outros 3 alumnos e alumnas máis de varios ciclos disfrutaron dunha estadía curta en empresa en Portugal, así como as viaxes de acompañamento e preparación de varios docentes.
- E sen esquecer a visita do Alumnado de 4º da ESO do instituto alemán de Asperg que visitou Ponteceso no mes de maio.
Clara Regueira, a directora do centro sinala que “foi marabilloso ver a evolución e a facilidade coa que se desenvolvía o noso alumnado no outro país e máis o alumnado que recibiu aquí ao grupo alemán. A nivel apredizaxe profesional, estou moi contenta, pero a nivel persoal, estou máis que orgullosa de todo o que medraron neses días”.
O obxectivo destas actividades é por un lado, poñer en valor as experiencias do alumnado e profesorado que xa participou no programa, así como, facerllo chegar á toda a comunidade, xa que o propio programa Erasmus+ concibe estes intercambios como un instrumento de intercambio de experiencias que despois teñan impacto nas comunidades ás que pertencen o alumnado. Porén, este ano as actividades van ter colaboradores dos países de acollida.
O luns 14 comezaron cunha charla para as familias do alumnado que pode participar nestes programas para que coñezan as características das actividades, os beneficios que aporta e os requerimientos necesarios.
O martes 15, presentouse o programa para o alumnado de FPBásica do noso centro.
O mércores 16 a actividade será para o alumnado de BACH que vai participar no intercambio co centro alemán de Asperg.
O xoves 17 continúan co relato sobre as experiencias ERASMUS+ neste caso, para o alumnado dos primeiros cursos dos ciclos de formación profesional. O alumnado participante o curso pasado, relatará as súas experiencias tanto a nivel profesional e de formación como a nivel relacional e de ocio, a cal delas máis produtiva, e teremos a colaboración de voluntarios de Italia que nos relatarán como é a vida no país receptor e que actividades se realizan co alumnado Erasmus.
E finalizarán o venres 18 cun café informativo para o profesorado, para que coñezan as súas posibilidades e ás do seu alumnado.