Marusía, a artesanía viva das mulleres de Corme

Mercado Marusía_1 copia

Trala gran acollida da primeira edición, a segunda edición do Mercado Artesán "Marusía" foi de novo un éxito. Os postos de artesanía volveron encher o Xardín Vello de Corme, neste singular evento organizado pola organización Mulleres do Pobo.
Unhas mulleres que quedaron máis que satisfeitas, non só co ambiente, senón tamén cas ventas, e xa agardan a seguinte edición.

Amais de desfrutar dos produtos artesáns dos postos do mercado, o público asistente puido participar nas diferentes actividades paralelas programadas arredor do evento.
Todas as persoas que visitaron o mercado artesán, moit@s nen@s acompañados por adult@s, puideron participar dende dunha clase de ioga ou do monólogo de Bea Sanvil, e como non, de moita música que mesmo pecha o Mercado Artesán Marusía coa Foliada aberta no Xardín Vello.