Maruxa Mariñeira, a heroína dos pequenos das Forcadas

Presentamos hoxe en QPC un libro auténtico. Foron os pequenos alumnos de primaria do CEIP As Forcadas de Corme os autores do libro durante o ano pasado. Un libro cunha temática moi ben traída: o papel da muller no mar da Costa. E para iso, os pequenos escolleron a súa heroína: A Maruxa Mariñeira.

Onte tivo lugar a presentación do libro na escola, e para o vindeiro 4 de xullo farán a presentación oficial na Confraría de Corme, aberta a todo o mundo.

E a historia dou para moito, como contaba onte no Ronsel da Radio Roncudo e radiONeria Fátima Fernández. I é que non hai unha soa muller mariñeira en toda a zona, que non sexa a muller ou familiar dun mariñeiro. De aí a importancia deste traballo.

E o que queda por facer…

Novas relacionadas