O Mercado Marusía consolídase en Corme como polo de atracción

 

Apenas van 3 edicións pero o Mercado de Artesanía Marusía de Corme xa é toda unha realidade. A Asociación Mulleres do Pobo ten conseguido crear un ambiente especial no Xardín Vello, no que os diversos postos de artesanía do país maridan á perfección coas actividades artelladas ao arredor.

Postos escollidos, con gran variedade, e nos que participan tamén xentes da vila con itinerantes espazos gastronómicos e de reposición de líquidos. Triunfaban as empanadillas e as filloas locais, pero non lle quitaron o protagonismo obrigado aos churros.

Foron 2 días de gran actividade, cun sábado repleto de xente no que case que era complicado coller mesa nas ateigadas da Tremosa, o Bernaldo ou A Torriña.

Amenizaron as tardes os gaiteiros “Xa era hora” e “Maruxía”, e houbo sesións para a cativada tan fantásticos como Koko Zancudo, Cé Orquesta Pantasma ou Pajarito.

O simpático monstro das galletas
Un dos postos
Xabón da aldea
Belén pita a cara

O evento conta coa colaboración do Concello de Ponteceso, a Asociación de Veciños e a hostelería de Corme.