Nova etapa na Asemblea Local do BNG de Ponteceso

Arrinca unha nova etapa na Asemblea Local do BNG de Ponteceso. Ao fronte do Consello Local estarán Martín Bermúdez Rodríguez e María Vitureira Facal como responsábel e vicerresponsábel locais respectivamente.
Xurxo Souto López e Rosa Haz Chouciño participarán como vogais da Concello.
Tamén formará parte do Consello Local a concelleira Fátima R. Gonzálvez.

Márcase entre as súas metas "fortalecer o diálogo da organización coa veciñanza pontecesá e seguir a loita a prol da mellora das condicións sociais no municipio". Seguirán poñendo "o foco na posta en valor e defensa do territorio e o papel imprescindible da atracción da mocidade e das políticas de conciliación que permitan as familias mozas vir e manterse en Ponteceso como medidas para a fixación da poboación e para facer viable o futuro no rural".