Novembro é o mes da palabra e da música en Ponteceso
- Ponteceso Cultura Permanente (PCP) volve encherse de vida.
Este venres 14 de novembro, arrinca o novo programa de Ponteceso Cultura Permanente. Ás 18:30 h,a sede da Fundación Eduardo Pondal, acolle o relatoio de Marta Capelán "Os nosos xenes non son o teu destino. Epixenética. Como previr o cancro".
Capelán é especialista en cancro de mama e pioneira en oncoloxía integrativa. A a súa traxectoria desenvólvese en centros de prestixio internacional como o Institut Jules Bordet (Bruxelas), o Royal Marsden Hospital (Londres) e o Memorial Sloan Kettering Cancer Center e no Centro de Mind-Body Medicine (Estados Unidos) e no hospital Vall d’Hebron. Ademais, é formadora nun máster da Universidade Antonio de Nebrija (Madrid) e na Universidade Americada en Barcelona.
A súa visión une ciencia e humanidade, e propón unha mirada integral á saúde: ver á persoa máis aló da enfermidade e recuperar o equilibrio entre corpo, mente e vida.
Xa o vindeiro venres 21, ás 18:30 h, na sede da Fundación Eduardo Pondal estará José Ramón Regueiro co relatorio Inmunoterapia. As nosas defensas fronte ao cancro.
José Ramón Regueiro é catedrático de Inmunoloxía na Universidad Complutense de Madrid (UCM), no Departamento de Inmunoloxía. Formouse en inmunoloxía en España, Francia, Alemaña e Estados Unidos, participando en centros como o Memorial Sloan Kettering Cancer Center de Boston. Actualmente dirixe o Grupo de Inmunobioloxía Linfocitaria da UCM e ocupa o cargo de Vicedecano de Investigación e Doctorado na Facultade de Medicina. A súa investigación céntrase na fisiopatoloxía dos linfocitos T e o receptor de antíxenos.
A xornada completarase coa música de Clara Amado Vázquez co seu concerto Íntimo. A pontecesá, mestra de primaria, deleitará coa súa voz.