Novo accidente na curva de Tella ante as protestas da oposición

"Como cada día que chove, a curva de entrada a Ponteceso pola parroquía de Tella é a protagonista". Así nos informa o grupo Independientes de Ponteceso do último accidente de tráfico acontecido este martes 2 de outubro arredor das 13:00h.
Un accidente que se saldou cunha persoa ferida.

E á espera de máis novas sobre a accidentada, o APIN quere "reclamar o mal estado deste tramo de estrada, no que os accidentes son continuos, o asfalto está esvaradizo e o trazado da curva podía ser mellorado dunha vez por todas". Así, denuncian que "tras pedirllo o Concello numerosas veces non se dan tomado decisións ante un perigo tan evidente".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da APIN.