Un novo aparcadoiro en Ponteceso

O Concello de Ponteceso continúa avanzando na ampliación das zonas de estacionamento no núcleo urbano de Ponteceso. Comezaron  iniciou as actuacións para habilitar unha nova área de aparcadoiro na avenida Anllóns, en fronte ao Tendal e ao Taller Paco.

As obras de demolición da pequena vivenda que estaba na parcela, comezan tras o acordo alcanzado entre o Concello e o propietario da parcela, que cedeu o terreo para este fin. 

A posta en funcionamento deste novo espazo permitirá iniciar a implantación da zona azul no municipio, ao contar cunha área de estacionamento de carácter xeral que garante alternativas suficientes para residentes e usuarios habituais. Deste xeito, o estacionamento será gratuíto, sendo necesario que os condutores empreguen un disco de control horario ou calquera outro sistema no que quede reflectida a hora de chegada do vehículo.