O CSIF denuncia o caos laboral no Concello de Ponteceso

O CSIF como organización máis representativa entre os empregados públicos do Concello de Ponteceso a href=quepasanacosta.gal/o-csif-denuncia-as-mentiras-e-enganos-do-alcalde-de-ponteceso-en-materia-laboral/>volve saír á voz pública para denunciar “a indefensión dos traballadores ante as declaracións do alcalde Lois Carballido”. O sindicato quere denunciar a “a situación de CAOS á que está levando o Alcalde ao Concello”.

Ás denuncias realizadas polos traballadores no seu día ante Xulgados, Subdelegación de Goberno, Garda Civil, etc., e logo da última realizada en Fiscalía en datas recentes, hai que engadir agora “un feito gravísimo ocorrido o pasado xoves día 25, e que xa se denunciou ante a Garda Civil”. Conta o sindicato que “aproximadamente ás 07:45 horas da mañá, hora de entrar a traballar, varios traballadores do Concello, observan que a fiestra do despacho do Sr. Alcalde está aberta, algo que xa ven desde a rúa, unha vez que entran nas dependencias municipais, observan que o despacho do Sr. Alcalde ten a porta interior aberta, cando habitualmente está pechada con chave, así mesmo observan que o despacho está todo revolto con papeis e outros utensilios polo chan, extintores, etc. Pero o máis raro de todo, é que cando conseguen falar co Alcalde para dicirlle o que ocorre, leste, dálles orde de que “non digan nada nin denuncien nada”. Evidentemente ante isto, os traballadores acoden a presentar a correspondente denuncia”, cóntan dende o sindicato.

Por iso, desde CSIF, solicitan, unha vez máis, “a intervención e amparo urxente dos organismos públicos correspondentes, Fiscalía, Xuíces, etc., para defender aos traballadores do Concello de Ponteceso, que non son máis que as vítimas dun caos absoluto”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).