O PSdeG da Costa da Morte reclama un plan de acción que garanta o abastecemento da auga

Representantes do PSdeG da Costa da Morte mantiveron o venres unha reunión de urxencia Ante a falta de auga en varios lugares da Costa da Morte debido á seca que afecta a toda a comunidade nos últimos meses, representantes do PSdeG de Ponteceso, Carballo e a deputada Loli Toja mantiveron o pasado venres unha reunión de urxencia para reclamarlle ao Goberno galego un plan de acción. "Nos orzamentos Bergantiños está esquecido e, ao mesmo tempo, o grado de execución das partidas do rural é baixo, tratándose como se trata da lexislatura do rural. O canon debería reverter para esas cuestións, e non confiar indefinididamente o abastecemento as labores de Protección Civil. Fomentar un abastecemento ecolóxico co aproveitamento das traídas veciñais, moi feble pero hai que potenciala", foron as medias máis urxentes reclamadas polos socialistas. Segundo informan dende o PSdeG, os problemas de abastecemento de auga están centrados en núcleos pequenos, onde non chega o servizo municipal. No concello de Ponteceso afecta ás parroquias de Tallo, Baldaio e as zonas de Tella e Pazos así como moitos lugares doutras parroquias. En Carballo están afectadas as parroquias de Razo e Baldaio xunto coas do sur do municipio. "As causas destes problemas fundamentalmente é a falla de infraestructuras, que ocasiona nos núcleos illados problemas de abastecemento, xa que non están conectadas á traída municipal. En consecuencia, deterioro da calidade da auga, e desbordamento dos servizos dos concellos, xa que os mesmos veciños que están levando auga a esas parroquias desabastecidas, son oas que están a quitar os nidos das velutinas: os concellos atópanse desbordados" indican dende o PSdeG. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • PSdeG