Os oficios do mar volveron ser protagonistas da Festa do Percebe do Roncudo

Rosa Rodríguez, á dereita, con Xosé Merelles e Ángeles V- Siárez

Volve ano a ano a ser a festa de sempre, na que caben todos, e na que o botellón non invade a vila. A Festa do Percebe do Roncudo celebrou a sía 34ª edición poñendo en valor os oficios mariñeiros. Así o recoñeceu a redeira Rosa Rodríguez, por fin recoñecida na súa terra como pregoeira. Rosa, redeira e artesá pioneira coas Redeiras Illa da Estrela de Corme.

“Fun moi nerviosa, pero foi unha experiencia moi bonita”, recoñece moi contenta polo recoñecemento. “Notei moito cariño de toda a xente, tanto por parte das representantes das administracións” (non se quixeron perder o evento veteranas políticas Rosa Quintana ou Susana Rodríguez) “como pola xente da vila”. Rosa comezou falando da súa nenez, da súa familia mariñeira, e do seu traballo coas mans dende os 14 anos, nun alegato aos oficios do mar, dende os e as percebeiras, aos e as mariñeir@s, aos redeiras…

Emocionada, lanzou unha marea de agradecementos a toda a xente deste mundo, e de Corme “un pobo orgulloso da súas raíces), esperando que exista un relevo xeracional que permita quetrala súa xubilación, a Asociación de redeiras cormelá siga viva, siga xerando postos de traballo e siga mantendo vivo un oficio centenario. “Viva Corme! Viva a xente do Mar! e Viva o Percebe do Roncudo” rematou.

900 kilos de gran calidade

Volveu ser o percebe do Roncudo o gran protagonista desta festa gastronómica, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia desde 2014, que é toda unha referencia en Galicia, como o destacaron o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; ao director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo; ou á directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez .

O equipo da Asociación Promoción Percebe do Roncudo repartiu 900 kilos de produto de grandísima calidade, como destacou o patrón, Roberto Vidal, que sufríu un cólico de ril e tivo que ser trasladado en ambulancia ao PAC de Ponteceso.

Máis novas