Os maiores empezan o outono enchufados á vida

Están en forma os maiores da Costa da Morte. E boa proba son os activos e ilusionantes comezos de temporada dos programas de envellecemento activo nos Concellos de Ponteceso e Coristanco. Ata eles lévanos Fátima Fernández.

Saber ser v(b)ello en Ponteceso

Esa semana deu comezo en Ponteceso o programa de envellecemento activo “Saber ser v(b)ello” dirixido polo Departamento de Servizos Sociais baixo a responsabilidade da Traballadora Social Rosario Canosa e executado por profesionais da empresa Senes Desenvolvemento Comunitario.

Unha vez máis o programa componse de diferentes sesións de estimulación cognitiva, saúde, autonomía, relaxación con musicoterapia, termalismo, xuntanza con maiores de outros Concellos e “aromaterapia”, xa que este ano enfocaremos as sesións de estimulación cognitiva traballando cos olores que nos recorden momentos do pasado e que aínda estan presentes no noso cerebro. O programa esta subvencionado pola Deputación da Coruña e hai 40 participantes (7 matrimonios, 25 mulleres e un home).

Ademais, Ponteceso está creando un grupo de apoio aos familiares de Alzheimer. As inscricións poderán facerse no teléfono de Afaber ou Concello de Ponteceso 981 714 000.


Enchufados á vida en Coristanco

Onte iniciouse o programa de envellecemento activo denominado “PLAY: ENCHÚFASTE Á VIDA? “no Concello de Coristanco. O programa esta organizado polos Servizo Sociais do que é responsable a Concelleira Angeles Eiroa Villarsubvencionado pola Diputación da Coruña. O programa consta de diferentes actividades de estimulación cognitiva, relaxación, dinámicas de coordinación e varias saídas.

O total de participantes é de 38, e podemos destacar que aumentou respecto ao ano pasado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Fátima Fernández.