Os veciños de Corme preparan un Nadal titánico

Comeza o Programa de Nadal da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme en clave histórica. Así, este xoves 23 de decembro, ás 19.00h o ático da Casa do Mar acolle a presentación da documental Titania S.A. Un documental extraordinario sobre as minas de Balarés, onde traballaron moitos cormeláns. Para o venres 24 de decembro, a partires das 19.00h, polas rúas do pobo Panxoliñas na Rúa. Os nenos e nenas de Corme, percorrerán as rúas para amenizar a Noite Boa con panxoliñas. Continúa o programa o mesmo sábado 25 de decembro. Ás 19.00h no ático da Casa do Mar o Grupo Raíces Combinandas da Limiñoa amenizarán a tarde co seu repertorio musical baseado na cultura popular do Concello de Ponteceso. E as citas continúan o 5 de xaneiro cando a partires das 17.00h, polas rúas de Corme (se chove na Discoteca Miramar) terá lugar a Tradicional Cabalgata de Reis.

Novas relacionadas

Fonte